Tuesday 21 de May de 2024

Festas da Guadalupe


Venres 21, sábado 22 e domingo 23
Igrexa de Abade
O calendario de festas e romarías estivais está chegando ao seu final. Xusto cando cambiamos de estación, a parroquia de Abade honrará á virxe de Guadalupe cun programa de tres días.
Venres 21: Churrascada veciñal e actuación da Orquestra Panamá.
Sábado 22: Sesión vermú con Metrópolis e verbena con esta orquestra acompañada do trío D’Nika.
Domingo 23: Función animada de novo por D’Nika. Pola noite non haberá festa.